jueves

CURSO INTERNACIONAL DE CERÁMICA








En Pontevedra, no Pazo de Congresos, como en anos anteriores estou participando con artistas de toda España e Portugal, no curso de cerámica que organiza o Concello e a Consellería de Cultura coordinado pola ceramista
Xela Area.

Está resultando interesante, os ceramistas que dirixen os talleres Enric Mestre (Valencia), Margit Denz (Austria) e Hervé Russeau (Francia), traballan de forma completamente diferente, non ten nada que ver como cada un deles trata a pasta de cerámica ou porcela, os acabados as texturas, incluso os utensilios de taller que utilizan nos demostran que a terra e o lume, son un manancial inesgotabel mentras aia ideas que comunicar.

Exposición de Toubes no CGAC




Non coñecía a obra de este artista directamente, si a través de revistas e fotos, estaba intrigada polas cabezas tan características que fai, e a verdade me impresionaron, non sabía que foran tan grandes, polo demaís pois ........... eu que sei, teño que reflexionar maís ainda para dar unha opinión.


A BOI PARADE DE VIGO






Un grupo de artistas plásticos da cidade de Vigo pasearon polas rúas un boi feito no taller ESPACIO CERÁMICO para manifestar o recheitamento de actos culturais como a CAW PARADE que organizou o concello.

Diante do museo de arte contemporanea leeron un manifesto a favor do noso boi autóctono o que é o mesmo que "O BOI PARADE GALEGO".


Foi un acto sinxelo e simpático pero reinvidicativo polo nulo apoio das autoridades municipais ós artístas da cidade, eu tiven a sorte de poder participar nesta mani e aquí deixo unhas imáxenes.